ANÁLISE COMPARATIVO PASO DE VALLA(400M) E PASO DE OBSTÁCULO 3000 METROS
OLA!
Boas a todos, hoxe veremos neste novo artigo o análise da proba dos 3.000 metros obstáculos, centrándonos na descrición da proba e a técnica.
Ademais, farei un análise comparativo entre o paso de obstáculo nos 3.000 metros e o paso de valla nos 400 metros vallas.
Comezamos pois coa descrición da carreira de 3.000 metros obstáculos:
Ademais, farei un análise comparativo entre o paso de obstáculo nos 3.000 metros e o paso de valla nos 400 metros vallas.
Comezamos pois coa descrición da carreira de 3.000 metros obstáculos:
- DESCRICIÓN DOS 3.000 M
- A proba dos 3.000 metros obstáculos consiste en que os competidores deberán de superar 28 obstáculos e tamén 7 pasos pola ría, completando 7 voltas e media á pista.
- Os obstáculos secos teñen unhas medidas de 91,4 cms. de altura e de 396,24 cms. de ancho.
Por outro lado, os saltos de auga teñen unha lonxitude de 356,76 cms. e unha profundidade máxima de 69,85 cms.
- Nos primeiros 200 m. non hai obstáculos e, despois, cada 400 m. hai 4 obstáculos e 1 salto de agua.
- Os competidores deben saltar por encima, pisar ou axudarse con unha man para superar os obstáculos.
- Non cruzar pola agua ou fundir un pé nun obstáculo seco,
implica descalificación.
- TÉCNICA DE CARREIRA NOS 3.000 M
Referido a técnica distinguimos 3 partes ou fases fundamentais na proba dos 3.000 metros obstáculos:
· Paso da ría
· Paso do obstáculo
· Carreira entre obstáculos1. Saída
Pero primeiro de todo cabe destacar cómo se realiza a saída neste tipo de proba. Trátase de unha saída alta, é dicir, sen tacos, como se fai nas probas de velocidade e que poderedes ver máis claramente na seguinte imaxe:
2. Paso da ría
Se se quere manter o ritmo da carreira o primeiro apoio despois de salvar a "ría" debe caer o máis lonxe posible, a poder ser na agua, para amortiguar o golpe, aínda que o seguinte apoio deberá realizarse fora, xa que de non facelo, sería descalificado.
O travesaño pasaríase apoiando o pé no mesmo e utilizando ese mesmo impulso para perder o mínimo de velocidade posíbel e continuar así coa carreira. A "ría" é conveniente atacala coa perna "hábil" de tal forma que ao ser ésta a que se apoia en segundo lugar, o forte impacto da caída no chan amortigue de mellor maneira e así perder menos ritmo de carreira.
Adxunto vídeo para unha mellor explicación desta fase da técnica dos 3.000 m. obstáculos.
3. Paso do obstáculo
A técnica deste paso pode realizarse de dúas maneiras:
· Con apoio do pé: Este sistema de paso é moi parecido ao que se realiza no paso de ría, pois a perna de ataque apoiase flexionada no travesaño do obstáculo seco dende o talón ata a punta do pé para coller impulso. A outra perna, pasa flexionada e busca rápidamente o chan.
4. Carreira entre obstáculos
Un factor moi importante á hora de levar a cabo unha carreira de tanta duración e de tanto rendemento físico como son os 3.000 metros obstáculos, é a economía da carreira, é dicir, a maneira de distribuir os esforzos durante a proba.
Para conseguir de maneira óptima a realización desta proba, debemos de saber uns puntos que os competidores de máis alto nivel levan a cabo para xestionar esta economía:
• Corpo máis relaxado
• Brazos de maneira máis natural
• Amplia lonxitude de zancada
• Apoio do pé (moito máis apoio que nas carreiras de velocidade)
• Exacto coñecemento tanto do paso coma do ritmo
- COMPARACIÓN DO PASO DE VALLA E DO PASO DE OBSTÁCULO
Neste análise comparativo fixarémonos nas diferenzas entre a técnica na proba de 400 metros vallas e a técnica na proba dos 3.000 metros obstáculos.
Despois de estar vendo tanto na clase coma na casa diversos vídeos sobre estas dúas probas en competiciones a niveis europeo e nivel mundial, cabe destacar unha diferenza por encima do resto:
1- A velocidade a que se supera o obstáculo ou valla: Isto é obvio xa que debido á distancia e duración das probas, nos 400 metros vallas o atleta pasará a valla de maneira máis rápida para perder o mínimo tempo posible; mentras que nos 3.000 metros obstáculos, o paso do obstáculo debe de ser máis lento pola dureza e duración da proba.
2- A acción do tronco: Nos 400 metros vallas, o tronco inclínase de maneira esaxerada hacia adiante, facendo que o corpo actúe de maneira aerodinámica co obxectivo de non perder moita velocidade no paso da valla; por outro lado, nos 3.000 metros obstáculos o tronco encóntrase de maneira moito menos flexionada hacia adiante, senón que de maneira máis erguida.
3- A acción dos brazos: Nos 400 metros vallas os brazos axudan coma o tronco a establecer unha posición aerodinámica, e ademais serven para equilibrar o corpo no aire no momento do paso de valla; nos 3.000 metros obstáculos, os brazos son tamén encargados de equilibrar o corpo, pero teñen unha función menos importante que nos 400 vallas, xa que a velocidade non é a mesma.
Antes de finalizar o artigo, comparto con vós a final de 400 metros vallas dos xogos olímpicos de Londres 2012 e tamén a final de 3.000 metros obstáculos nos xogos olímpicos de Londres 2012.
E ata aquí o análise, grazas por leerme un día máis e saúdos a todos!
- Bibliografía:
- Guía para o aprendixaze de atletismo
- Google Imaxes
- YouTube
Artigo en colaboración con:
-Hugo López Pillado
Comentarios
Publicar un comentario